publicidade hoxe

A familia de Andrea despedirá á cativa este sábado en Noia na máis estrita intimidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+
Europa Press

A familia de Andrea, a nena de 12 anos que padecía unha enfermidade neurodexenerativa irreversible, despedirá á menor falecida este sábado na “máis estrita intimidade”.

Segundo informaron fontes da contorna próxima da menor falecida este venres no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), previsiblemente este sábado terá lugar o enterro na súa localidade natal, Noia (A Coruña).

Respecto diso, a familia trasladou o seu expreso desexo de poder despedir á nena na “máis estrita intimidade”. Así, nun comunicado remitido aos medios a través do seu avogado, Sergio Campos, os pais de Andrea, Antonio Lago e Estela Ordóñez, pediron poder dar o “último adeus” á súa filla “na máis estrita intimidade”, en compañía de achegados e seres queridos.

Segundo manifestaron, a súa filla “foise en paz e con tranquilidade, sen sufrir”, e “como ela mesma quixese”, destacaron tras defender unha morte digna para Andrea.

“Para nós Andrea, tal e como a coñeciamos, comezou a írsenos cando ingresamos de urxencia o 9 de xuño, data da que agora se cumpren catro meses, pero o seu recordo vivirá para sempre nos nosos corazóns”, conclúen os pais.

9 de outubro de 2015 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.