publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Mondariz un anticipo de 300.000 euros para infraestruturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondarizPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dun anticipo de 300.000 euros ao Concello de Mondariz con destino ó financiamento de investimentos en diversas infraestruturas.

Así o acordou o equipo de goberno da nova Deputación na súa sesión do pasado mércores. Este anticipo xorde da necesidade de liquidez do Concello de Mondariz, cun orzamento practicamente esgotado e coa necesidade de afrontar a realización ou o pagamento de investimentos xa feitos. O Concello de Mondariz terá un prazo de quince anos para a devolución deste anticipo.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén lle adxudicou a obra de mellora do contorno do santuario da Franqueira, na Cañiza, á empresa Narom S. L., por un importe de 251.115,73 euros, cun prazo de execución de dous meses. Esta cantidade representa case que un 20 % de aforro sobre o prezo de licitación que foi aprobado o pasado mes de marzo polo anterior equipo de goberno.

Por último, o equipo de goberno tamén lle adxudicou dúas parcelas do polígono Barro-Meis á empresa “Hijos de Rivera S. A. U. Estrella Galicia”. Trátase de dous espazos con máis de cinco metros cadrados nos que a empresa fará un investimento superior aos 900.000 euros.

Estrella Galicia deberá pagar unha cantidade superior ao medio millón de euros pola compra das dúas parcela do polígono Barro-Meis.

29 de outubro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.