publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Ourense achegará 120.000 euros para a mellora da estrada Barcia-Vilaverde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelónOurense
A-
A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial á alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, a quen lle confirmou que o goberno provincial achegará un importe total de 120.000 euros, en dúas anualidades, para levar a cabo obras de mellora na estrada que une as poboacións de Barcia e Vilaverde, no municipio de Melón. As obras consistirán na mellora do firme e das curvas e ensanche da calzada para mellorar a seguridade dos usuarios de esta vía.

A proxecto de mellora de esta estrada foi redactado no ano 2009 e o pasado mes de xuño a alcaldesa lle solicitara ao presidente da Deputación que se iniciaran as obras de mellora, prioritariamente nos puntos máis necesarios da vía, o que foi confirmado hoxe por parte de Manuel Baltar, afirmando que as obras levaranse a cabo en dúas anualidades, coa achega de 60.000 euros en cada unha delas.

A alcaldesa de Melón agradece aos veciños que xa fixeron a cesión dos terreos para levar a cabo a obra “a súa boa dispoñibilidade en favor dun ben común para todos” e afirma que de contado vaise poñer en contacto cos restantes propietarios de fincas “para que poñan a disposición da Deputación os terreos, co fin de facer realidade unha obra moi demandada no municipio”.

26 de outubro de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.