publicidade hoxe

A Deputación de Lugo colabora coa Festa da Castaña de Folgoso do Courel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFolgoso do Courel
A-
A+

A Deputación de Lugo colabora coaXXVIII Festa da Castaña de Folgoso do Courel cunha subvención de 3.000 euros,concedida a través dun convenio establecido entre o Concello e o organismo lucensee que asinaron hoxe a presidenta, Elena Candia, e a alcaldesa, Dolores Castro.

Esta subvención, dirixida aaxudar no financiamento do festexo gastronómico, “é unha aposta dende aDeputación pola potenciación e a comercialización dos produtos autóctonos daprovincia”, indicou Candia. Ademais, a presidenta engadiu que esta subvencióntamén é “un recoñecemento ao valor etnográfico desta festa”, que cada ano contacunha gran asistencia de público que “tamén contribúe a promoción turística dalocalidade”.

Pola súa banda, a alcaldesa deFolgoso do Courel agradeceu a colaboración da administración lucense, así comoda Xunta de Galicia, con esta Festa de Interese Turístico Galego e indicou queesta subvención convértese “nun recoñecemento a este produto beneficioso para aseconomías familiares do concello”.

A Festa da Castaña celebrarase odía sete de novembro, nesta ocasión en Seoane. Durante o festexo gastronómicoprepáranse entre 700 e 800 quilos de castaña, que se reparten de xeito gratuítoentre os asistentes, así como viño da terra.

1 de outubro de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.