publicidade hoxe

A Deputación de Lugo asina un convenio para as melloras nun camiño público en Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

O pasado 18 de maio, asinouse entre o colectivo cultural e veciñal de Muimenta e a Deputación Provincial de Lugo, presidida por José Ramón Gómez Besteiro, o convenio regulador da subvención concedida a Asociación “Aquilino Iglesia Alvariño”, o obxecto de colaborar no financiamento dos gastos derivados do proxecto denominado “Melloras no camiño público que vai dende a estrada local a Cima de Vila, e revestimento da fachada do cemiterio, en Muimenta (Lugo)”.

As obras, que empezarán ao longo destos días, unha vez concedida a pertinente licenza municipal e a autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural dependente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, son as seguintes:

Realización de melloras de movilidades, accesibilidade e ornato, no camiño público que vai dende a Estrada local (Avda. de Vilalba) a Cima de Vial, e que da acceso á Igrexa de Muimenta, así como o cemiterio, consistentes en:

o  Soterramento da canalización da rede de baixa tensión, telefonía e rede de augas pluviais, incluíndo esta última, a colocación de tubo e a construcción de arquetas e sumidoiros.

– Instalación das correspondentes farolas

– Construcción de beirarrúas

– Construcción en pedra do peche do cemiterio.

Foi preciso a autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, xa que tanto a Igrexa Vella (recentemente restaurada), así como o cruceiro e a cruz da contorna, están recollidos no catálogo das NNSS e complementarias de planeamentos provincias.

Estas obras, sumanse as realizas nos últimos anos no contorno da Igrexa Vella de Muimenta (da época do románico), que como comentamos, foi restaurada co traballo dos propios veciñ@s e con axudas da propia Deputación Provincial de Lugo, uníndose ao museo ubicado na antiga Escola Vella de Muimenta (nos vindeiros días, renovarase o Convenio de Colaboración co Mupaga – Museo Pedagóxico de Galicia), a restauración dos cruceiros ubicados nese espacio, a construcción dun pequeno muro de pedra contra a estrada Xeral, ademáis do saneamento do campo da Igrexa Vella e a colocación de prantas e unhas pedras de granito para delimitalo.

Fai uns meses, tamén se culminou o proceso de inclusión no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia, do Freixo e dos Carballos que están en dito campo da Igrexa Vella. 

Todas estas obras, axudan á recuperación de parte do Patrimonio Histórico e Artístico da parroquia de Muimenta.

20 de outubro de 2015 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.