publicidade hoxe

A defensa de Alfonso Basterra asegura que deu todo o Orfidal a Rosario Porto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

A avogada defensora de Alfonso Basterra, Belén Hospido, recoñeceu este xoves que o pai de Asunta comprou durante os meses anteriores á morte da menor até 125 pastillas de Orfidal, aínda que llo deu na súa totalidade a Rosario Porto, e resaltou que o acusado “non tiña motivos” para sospeitar que a súa filla estaba a ser sedada.

Nas súas conclusións, a letrada indicou que o acusado “non estivo a facer provisión” do fármaco e realizou un cálculo das pastillas que Porto puido tomar desde o 30 de xullo para evidenciar que coinciden coas que se adquiriron.

Ademais, criticou que se realice a “suposición de que cando a nena non vai a clase consumiu lorazepam”. “Talvez a nena non estaba ben, pero de aí a poder asegurar cientificamente que tomara Orfidal hai un mundo”, apuntou Hospido, aínda que non negou que as análises do pelo indicasen un consumo previo.

Durante o seu relato, a avogada volveu a incidir en que, antes dos episodios de suposta sedación nos que non acudiu a clase ou acudiu en mal estado, Asunta durmira en casa da súa nai ou ceara alí.

23 de outubro de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.