publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Infraestruturas executará as obras de mellora das beirarrúas de Vilasantar cun orzamento de 295.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilasantar
A-
A+
O director da Axencia Galega de Infraestruturas co alcalde de Vilasantar

O director da Axencia Galega de Infraestruturas co alcalde de Vilasantar

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), comprometeuse a executar no vindeiro ano as obras de mellora das beirarrúas do municipio coruñés de Vilasantar, na travesía de Vilasantar, estrada AC-194, tal como llo comunicou hoxe o director da AXI, Francisco Menéndez, ao alcalde, Fernando Javier Pérez, no transcurso dunha reunión na Casa do Concello.

Con data 14 de xaneiro de 2015 asinárase un protocolo de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilasantar que establecía que a Axencia galega de Infraestruturas redactaría ao longo do ano 2015 o devandito proxecto construtivo das actuacións de mellora das beirarrúas da estrada AC-194.

Puxéronse así as bases de execución desta actuación, recollida no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma remitido nesta mesma semana ao Parlamento, que suporá un investimento de algo máis de 295.000 €, e permitirá unha mellora substancial da estrada ao construírse un novo treito de beirarrúa de 390 metros de lonxitude para acceso ao cemiterio, e habilitar novos aparcamentos nas súas marxes.

Para a execución da obra, asinarase en primeiro lugar un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello, para posteriormente licitar a obra. O acordo permitirá ademais a cesión da titularidade da estrada, xa que coa construción da variante da AC-840 este treito ten unha funcionalidade fundamentalmente urbana e, deste modo, non serán de aplicación as disposicións administrativas derivadas da súa consideración como estrada autonómica.

Con estas actuacións, o Goberno galego continúa o seu traballo de colaboración cos concellos para a mellora da calidade de vida dos usuarios das estradas e da calidade de vida dos veciños.

22 de outubro de 2015 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.