publicidade hoxe

A carreira solidaria do Morrazo destinará a asociación Afamo os beneficios obtidos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+
Presentación da carreira solidaria

Presentación da carreira solidaria

Esta mañá tivo lugar na Fundación Cangas Deporte a presentación da 2ª Carreira Solidaria do Morrazo organizada polo Club Atletismo Morrazo coa colaboración da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas que se celebrará este domingo 1 de novembro. Haberá dúas modalidades: andaina de 3,5 kilómetros e carreira de 5 kilómetros.

As rúas de Cangas encheranse de preto de 200 atletas achegados dende diferentes puntos da Comarca do Morrazo entre as 10:30 e as 12:00 horas. A saída da andaina realizarase ás 10:30 horas dende os xardíns da Alameda Vella, pasará por Areamilla e finalizará nos xardíns Félix Soage. A carreira dará comezo 15 minutos máis tarde dende a praza de Abastos e percorrerá Av. de Bueu, Av. de Vigo, Av. de Lugo, a Retirosa, o Freixo, Longán, Av. Ourense ata os xardíns de Soage.

A inscrición continúa aberta e os interesados deberán enviar un correo electrónico a carreirasolidaria.morrazo@gmail.com. Aqueles que realicen a inscrición ata hoxe martes, 27 de outubro, terán unha camiseta de regalo. A participación ten un custe de 4 euros, 3 euros de donativo que irá destinado íntegro á Asociación AFAMO e 1 euros destinado a gastos de seguro. Cada ano, a organización destina os beneficios a unha asociación diferente. 

Os participantes que compitan na modalidade de carreira levarán un dorsal; os que participen na andaina se lles outorgará un adhesivo. Os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira obterán un galardón. O Presidente do Club Atletismo Morrazo, José Alberto Gayo, animou á participación de calquera das dúas modalidades, xa que “son de nivel fácil, nada duras, alcanzable para calquera persoa”. 

O Presidente-Delegado da Fundación Cangas Deporte, Xoán C. Chillón, agradeceu ao club a iniciativa tanto polo que supón como hábito saudable como pola dimensión solidaria. Por iso, quixo convidar e alentar a toda a veciñanza á participación nalgunha das dúas modalidades dispoñibles.

27 de outubro de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.