publicidade hoxe

A cantante Arantxa Pérez actúa esta semana nos ‘Venres do Ateneo’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMarín
A-
A+

Os ‘Venres do Ateneo’ achegarán esta semana a actuación da cantante galega Arantxa Pérez. O recital comezará ás 21:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia de Marín. Afeccionada á música dende a nenez, Arantxa Pérez comezou a dedicarse profesionalmente ao mundo da canción arredor dos 20 anos, cando empezou a formar parte do Grupo Triunfo, ao que lle seguiron outras formacións musicais como Limón, Metrópolis ou Passarela. Ao tempo que seguía completando a súa formación académica, participaba en certames musicais para gañar experiencia e visibilizar o seu talento. Actualmente traballa para consolidar a súa faceta como solista e intérprete de guitarra. Os ‘Venres do Ateneo’ continuarán este mes co espectáculo do mago Carlos Tomico. O público accede ás sesións achegando un donativo de 3 euros no caso dos socios e socias do Ateneo Santa Cecilia; 4 euros os non socios.

20 de outubro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.