publicidade hoxe

A Brigada de Obras de Carballo conta cun novo camión grúa que substitúe ao anterior e aumenta o seu alcance e capacidade de carga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Novo vehículo

Novo vehículo

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañado do Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas, vén de recibir o “Subministro dun vehículo industrial (Km 0) con caixa volquete e grúa para a Brigada de Obras do Concello de Carballo”. Substitúe ao anterior camión da Brigada, que contaba con máis de 20 anos de antigüidade. O vehículo pasa a ser propiedade do Concello por un importe de 53.482 euros. O contratista comprometeuse a cumprir coas seguintes melloras sen custe adicional: elévase o peso máximo autorizado a 6.500 kg; e a grúa conta cun alcance mínimo horizontal de 9,80 metros e un alcance vertical mínimo de 11,50 metros. Na actualidade, a Brigada de Obras Municipal dispón de seis vehículos para realizar os seus labores, catro en propiedade e dous furgóns en modalidade de renting.

2 de outubro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.