publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A aula CeMIT de San Sadurniño acollerá unha charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven que, tras un proceso de diálogo e participación cos Interlocutores Sociais, se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos e mozas en Galicia. Vai dirixido a persoas con idades comprendidas entre 16 e 29 anos a través do que se pretende garantir a igualdade de oportunidades no mercado laboral. Tamén se busca ofrecer experiencia laboral, formación ou cursos de idiomas e TIC.

O programa contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a  situación da mocidade dentro do mercado de traballo.

Para informar sobre este programa, este luns desenvolverase na Aula CeMIT unha charla informativa para a que se require inscrición previa, ben a través do teléfono 881 995 700 ou mediante o correo cemit.sansadurnino@xunta.es. A charla durará arredor de 45 minutos.

22 de outubro de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.