publicidade hoxe

A Asociación Cultural de Nespereira celebra unha ruta nocturna de medo no Samaín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A Asociación Cultural de Nespereira celebrará a próxima festa de Samaín cunha interesante proposta que combina deporte, lecer e, sobre todo, moito medo. Trátase dunha Ruta Nocturna de Medo, a través da contorna natural da Cultural de Nespereira, dirixida a maiores de 10 anos. Ademais realizaranse xogos e talleres para que os máis pequenos tamén poidan formar parte da festa. O prazo para inscribirse na ruta finaliza o 28 deste mes.

As actividades comezarán a partir das 22:00 horas co pistoletazo de saída para os primeiros grupos, que terán que ser de 10 persoas como máximo. Para todos os que non desexen participar ou non poidan por razóns de idade organizaranse diversas actividades na Casa Cultural, todas elas gratuítas, o único requisito para participar será achegar unha cabaza por grupo.

20 de outubro de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.