publicidade hoxe

A Asamblea de Acebe CCA reelixe a Antonia Anido como presidenta da asociación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE.CCA) celebrou a pasada noite no Salón Azul do Liceo de Betanzos unha Asamblea Xeral Electoral na que se elixiu a Xunta Directiva da Asociación para os próximos dous anos.

A única lista presentada para participar no proceso electoral foi a encabezada pola actual Presidenta de ACEBE.CCA, Antonia Anido Díaz, que foi respaldada na votación pola totalidade dos socios asistentes.

Acompañarán a Anido á fronte de ACEBE.CCA, Jorge Cagiao Medín como vicepresidente, Alejandro López Sánchez como secretario e Mariano García Fraga como tesoureiro. Completan  a xunta directiva como vogais, Antía Núñez Vázquez, Yolanda Sousa García, Judit De la Iglesia Morandeira, Adolfo Jesús Sánchez Gómez, Alberto Boado Carro e María Dans Edreira.

Antonia Anido Díaz, que está á fronte da asociación dende outubro de 2007, agradeceu o apoio dos asociados asistentes á asamblea. A directiva incorpora catro novos integrantes e conta con dous representantes do sector hostaleiro.

23 de outubro de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.