publicidade hoxe

A acusación ve un plan conxunto de Rosario Porto e Alfonso Basterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

A acusación popular no caso pola morte de Asunta Basterra, que exerce a Asociación Clara Campoamor, ratificouse este xoves en que a morte da nena se produciu dentro dun plan “conxunto” dos pais, xa que a Rosario Porto “lle estorbaba” para a súa “nova vida” e Alfonso Basterra, “sen oficio nin beneficio”, necesitaba “algo moi poderoso que o vinculase” á súa exmuller no futuro por motivos económicos.

Durante o trámite de conclusións, a letrada da acusación Rocío Beceiro asegurou que a propia Asunta “deixou pistas sobre quen a matou” a través de testemuños sobre agresións e sedacións nos meses antes da súa morte. “Percibía que ese grave perigo que corría o estaba a correr dentro de fogar e que procedía das persoas máis próximas a ela”, sentenciou.

Beceiro recordou que foi Alfonso Basterra o que comprou en todas as ocasións grandes cantidades de Orfidal e que a suministración á nena se produciu con “pleno coñecemento de ambos os dous”. Así mesmo, vinculou as distintas compras con episodios de sedación da nena ou con ausencias ás súas clases.

A defensa tamén puxo en dúbida o episodio de agresión que supostamente sufriu Asunta no seu domicilio o 5 de xullo de 2013, cando un descoñecido entrou na casa e a intentou afogar e que os pais decidiron non denunciar.

Entre outras cuestións, Beceiro apuntou a circunstancia de que “un home calquera, vestido de negro e con luvas, de todas as casa de Santiago, atope a única que ten as chaves postas por fóra”.

22 de outubro de 2015 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.