publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A acusación popular afirma que se fixo xustiza cun veredicto impecable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

A acusación popular no xuízo pola morte de Asunta, que leva a Asociación Clara Campoamor, mostrouse este venres moi satisfeita co veredicto de culpabilidade para Alfonso Basterra e para Rosario Porto, un documento que cualificou de “impecable”. “Fíxose xustiza”, sinalou o letrado Ricardo Pérez Lama.

Tras a sesión na que o xurado popular leu o seu veredicto, o avogado da acusación indicou que este texto reproduce “exactamente” os argumentos do escrito de acusación presentado o 25 de xuño de 2014 por esta parte.

Así, sostivo que se trata dun veredicto “impecablemente fundado” e “argumentado”, no que se ratifica que “isto era un plan conxunto que executaron en conxunto”, en referencia ao asasinato de Asunta.

Sobre a actitude dos acusados no momento no que se leu o veredicto, Pérez Lama asegurou que non notou “ningún cambio”. “Como indiferentes”, ratificou.

30 de outubro de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.