publicidade hoxe

A acusación cre que hai indicios suficientes para afirmar que Basterra estivo en Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

A acusación popular no caso pola morte de Asunta Basterra, que leva a Asociación Clara Campoamor, asegurou que “hai indicios poderosos e máis que suficientes para afirmar que Alfonso -Basterra- estivo en Teo”, na vivenda de Montouto, no momento da morte de Asunta.

Para esta parte, Alfonso Basterra saíu da súa casa esa tarde “evitando as cámaras” e chegou á vivenda de Teo, onde colaborou con Rosario Porto no asasinato da nena. Entre outras cuestións, a acusación popular lembrou que, aínda que na vivenda se atopou unha soa máscara marca 3M, no vehículo de Porto había dous envoltorios e que apareceu ADN de Basterra na braga da vítima, o que na súa opinión indica que “manipulou o cadáver”.

Aínda que a letrada Rocío Beceiro admitiu que “descoñece cal dos dous a asfixiou”, reiterou que considera que Basterra estivo alí e que “non só é autor o que pon a man e asfixia, senón tamén quen realiza os actos necesarios para que esa persoa poida pór esa man e asfixiar”.

Con posterioridade, contou a acusación, Rosario desfíxose en soidade do cadáver na pista forestal de Teo no seu vehículo mentres Alfonso “volveu a Santiago a preparar a súa coartada”.

22 de outubro de 2015 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.