Xuntanza dos Maiores de Terra de Montes
Os Concellos de Cerdedo e Forcarei organizan para o venres 25 de setembro, en Cerdedo, a X Xuntanza dos Nosos Maiores. O programa inclúe misa na igrexa parroquial de Forcarei ás 13.00 h., coa participación do coro parroquial para, ás 14.30 h. proceder ao xantar de confraternidade no restaurante “París”.
Os interesados en apuntarse poderán inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello entre as 9 da mañá e 2 da tarde. O prazo está aberto ata o 21 de setembro. O prezo por persoa é de 12 euros. Contarase con servizo de autobuses.