publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Concello de Mondoñedo acordan colaborar na tramitación do PXOM cara a aprobación definitiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión coa alcaldesa de Mondoñedo. Foto: A. Varela

Encarnación Rivas na reunión coa alcaldesa de Mondoñedo. Foto: A. Varela

A Xunta colaborará co Concello de Mondoñedo no proceso de tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co obxectivo de conseguir a súa aprobación definitiva. A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo unha reunión coa alcaldesa, Elena Candia, na que acordaron impulsar a coordinación institucional para axilizar ao máximo o Plan Xeral.

No encontro analizouse o estado actual da tramitación do documento de planeamento, que foi obxecto dunha segunda exposición pública a finais do ano 2013. Na actualidade, estanse a recabar a totalidade dos informes de incidencia sectorial e a finalizar o estudo das alegacións presentadas.

Segundo se puxo de manifesto na xuntanza, a folla de ruta marcada contempla a celebración o mes que ven dunha reunión técnica entre as dúas administracións, á que tamén asistirá o equipo redactor, para clarexar dúbidas e consensuar criterios, previa a probación provisional do documento polo Pleno municipal.

Vindeiros pasos

Unha vez superado o trámite de aprobación provisional, o Plan será remitido á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo disporá de un prazo de 3 meses para emitir a Orde, unha vez comprobada a integridade do expediente e do proxecto do documento.

A alcaldesa manifestou a necesidade que ten Mondoñedo de contar cun documento que permita ordenar e planificar o seu desenvolvemento cara o futuro, coa precisa garantía xurídica. O novo documento porá fin a normativa urbanística vixente dende hai 37 anos, o que suporá maior calidade de vida para todos os seus veciños.

A secretaria xeral destacou a colaboración do Goberno galego co Concello de Mondoñedo tamén no eido económico, xa que axuda que recibiu a entidade local para redactar o PXOM ascende a 145.840 €.

9 de setembro de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.