publicidade hoxe

Xove acolle o Campionato de España Femenino de Bolos Celtas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Que Xove é un dos centros máis importantes de Galicia neste xogo está fóra de toda dúbida. O apoio do Concello a este deporte a través das Ligas Municipais de Bolos (que este ano celebran a XXVII edición) e a presenza do Club de Bolos Xove, un dos máis importantes de Galicia, amosan esa importancia.

O Club de Bolos Xove foi dos pioneiros en España en conseguir que as mulleres se decidisen a xogar a este deporte, que tradicionalmente estaba reservado aos homes. Cando se fundou o Club prácticamente as únicas mulleres que competían en Liga eran as do Club de Bolos Xove e o Club de Bolos O Cadaval; pouco a pouco fóronse dando pasos  para que outros clubs foran federando mulleres, e a partir dahí comezáronse a realizar campionatos galegos e de España. Pola súa banda, a Concellería de Deportes do Concello de Xove contribueu tamén á incorporación da muller a este deporte creando, na tempada 2009-2010, a Liga de Bolos Senior Feminina, que este ano celebra a súa sétima edición.

Pois ben, como recoñecemento a ese protagonismo que Xove mantén neste deporte, este vindeiro fin de semana vaise celebrar, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, o CAMPEONATO DE ESPAÑA FEMENINO 2015. Este campionato vai comezar ás 12:00 horas do sábado 12 de setembro, rematando o domingo 13 pola tarde.

O Campeonato o van disputar 28 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, Comunidades onde se practica este xogo tradicional. O sábado 12 vai desenvolverse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas.

Nestes intres o nivel da mulleres neste deporte podémolo definir como fantástico. En Galicia hai clubs con representación feminina nas catro provincias, e en Asturias teñen unha Liga feminina potentísima, que nada ten que envidiar á masculina.

Pola nosa parte, a nosa xogadora Carmen Rouco, que o pasado ano acadara o subcampionato de España no campo de Tineo (Asturias), vai mirar  este ano de subir un escalón máis para tentar conseguir o campionato.

A organización do Campeonato corre a cargo do Club de Bolos Xove e a Federación Galega de Bolos; o patrocinio vai por conta do Concello de Xove a través da súa Concellería de Deportes; en canto aos colaboradores, temos: Consejo Superior de Deportes, Federación Española de Bolos e Deporte Galego da Xunta de Galicia.

 

8 de setembro de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.