publicidade hoxe

Xove acolle concertos de promoción da escola municipal de música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O pasado venres, 18 de setembro,  ás 10:30 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante duns 170 alumnos/as) e ás 12:00 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón para uns 90 alumnos/as, tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove (trio composto por dous  violíns e un chelo) realizaron un pequeno concerto en cada un dos citados centros educativos, dunha duración de media hora cada un deles. Interpretaron varias adaptacións para esta instrumentación peculiar como algún tema de banda sonora, temas populares e tamén algún tema clásico.

Con estes dous concertos abreuse o Curso 2015-2016 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha doble finalidade, cultural por un lado e, por outro, promocional, no sentido de que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal inda poden facer ata finais deste mes de setembro. Ata o día 30 de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música.

Estes dous concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

22 de setembro de 2015 | 11:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.