publicidade hoxe

Xardín desordenado en formato dúo presenta o disco “Aprendendo a ladrar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O venres día 11 de Setembro, ás 20:30 horas, Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud (as voces de Xardín desordenado) achegaranse até a Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), para presentar este novo proxecto nunha versión íntima e moi emotiva.

Xardín desordenado é unha reunión de músicos que dende hai algún tempo veñen musicando poetas galeg@s. Acaban de publicar o seu segundo CD, dedicado a 17 poetas mulleres e titulado “Aprendendo a ladrar” que xa comezaron a presentar en diversos auditorios.

10 de setembro de 2015 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.