publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Voluntarios de Vedra e Boqueixón desenvolven accións ambientais e de atención aos peregrinos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónVedra
A-
A+
Cecilia Vázquez na visita aos participantes

Cecilia Vázquez na visita aos participantes

Un total de 20 mozos e mozas de entre 16 e e 30 anos están a participar ao longo do verán no programa de voluntariado de Vedra e Boqueixón (A Coruña), organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe aos voluntarios e indicou que están a desenvolver tres actividades fundamentais: atención a peregrinos do Camiño de Santiago, accións ambientais para propiciar un desenvolvemento local sustentable; e accións de animación sociocomunitaria.

Cecilia Vázquez explicou que “crear un proxecto que fomente a participación en accións consistentes na realización de traballos de identificación, limpeza e recuperación de espazos permite mellorar a calidade de vida dos veciños e, ademais, tamén beneficia aos voluntarios que ven melloradas as súas capacidades e coñecementos”.

A atención aos peregrinos nestes concellos é fundamental, tendo en conta que en Vedra sitúase o último albergue da Vía da Prata antes de chegar a Santiago, o de San Pedro de Vilanova, que recibe arredor de 3.000 persoas ao ano; mentres que Boqueixón conta co Pico Sacro, de grande interese turístico. O labor dos participantes céntrase en favorecer a acollida dos peregrinos, asesoramento en dúbidas que poidan xurdilles no camiño, darlles información sobre a ruta, desenvolver accións especiais de animación ou dar a coñecer o Pico Sacro como monte sagrado.

En canto ás accións ambientais, o programa inclúe o desenvolvemento dunha auditoría na que se identifiquen os vertedoiros e zonas cun alto nivel de contaminación, analizar as augas, e xerar unha conciencia social para a defensa e mellora do medioambiente.

Por último, os participantes coñecerán o desenvolvemento comunitario mediante animación sociocultural. Recibirán formación no eido de ocio e tempo libre e participarán en actividades culturais, deportivas, educativas e lúdicas con nenos e nenas de entre 4 e 16 anos.

Os voluntarios e voluntarias teñen cuberta a manutención, o aloxamento, o material necesario para a actividade e contan cun seguro de accidentes e de responsabilidade civil e, ademais, ao finalizar a actividade obterán un certificado acreditativo da acción que realicen, que será inscrita como experiencia no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

10 de setembro de 2015 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.