publicidade hoxe

“Venres de monólogo” con Yesica Val, Serxio Pazos e Isabel Risco en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral presenta, dentro da súa programación para o último cuatrimestre, a segunda edición do ciclo “Venres de monólogo”. Neste ciclo terase ocasión de gozar das divertidas historias narradas polos galegos Yesica Val, Serxio Pazos e Isabel Risco.

As sesións, con acceso de balde ata completar o aforo, terán lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira de Carral, ás 21:00 h, coa seguinte programación:

– YESICA VAL co monólogo El humor desde otra visión: venres 11 de setembro

– SERXIO PAZOS co monólogo Rebento se non o conto: venres 18 de setembro

– ISABEL RISCO co seu monólogo Naviza Girl: venres 25 de setembro

Yésica Val, ou para algúns coñecida como “A Monologuista Cega”, abre o ciclo con
“O humor dende outra visión”, un espectáculo cómico, crítico e atrevido que fusiona o humor negro co humor verde. Son historias da vida, relacións humanas e de parella, homes, sexo, cegueira, costumes, consumo, vicios… En definitiva, a vida cotiá. É unha función recomendada para maiores de 16 anos.

10 de setembro de 2015 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.