publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Uns 300 veciños renden homenaxe ao párroco de Calvos polo seu 50 aniversario como sacerdote

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Homenaxe ao párroco de Calvos

Homenaxe ao párroco de Calvos

Uns 300 veciños das parroquias de Calvos, Circes, Santiso e Andeade, no Concello de Touro, renderon onte homenaxe ao seu cura párroco: don Marcelino Bretal Rego. O sacerdote, que chegou a estas parroquias de Touro en 1970, celebrou o 50 aniversario da súa ordenación sacerdotal.  A homenaxe tamén serviu para conmemorar os 45 anos que exerceu como párroco nestas terras do Concello de Touro. A homenaxe foi moi emotiva. Comezou cunha misa cantada na igrexa parroquial de Calvos (Touro). Os veciños apoiaron con ilusión e agredecemento a homenaxe. A pesar da chuviosa mañá do pasado domingo, na Igrexa parroquial non cabía unha alma.

Tras a celebración eucarística, na que don Marcelino Bretal Rego estivo acompañado por sacerdotes chegados das parroquias próximas, comezou a comida homenaxe. Os organizadores instalaron unha carpa no campo da festa, fronte á igrexa parroquial. Unhas 300 persoas participaron na comida homenaxe. Acudiron boa parte dos seus fregueses de Calvos, Circes, Santiso e Andeade. Tamén asistiu a práctica totalidade da corporación municipal do Concello de Touro, encabezada polo alcalde Ignacio Codesido. O sacerdote homenaxeado, de 77 anos de idade e natural do Concello de Riveira, recibiu a calor dos seus veciños, quen destacaron que a homenaxe serve para “festexar os seus 50 anos de vida sacerdotal”. E fixéronlle ver que están “moi contentos de que sexa o noso cura”. “Aproveitando esta xuntanza, queremos expresarlle a nosa gratitude por estes 45 anos de dedicación e entrega e por habernos acompañado nas alegrías, penas e bágoas”. Don Marcelino Bretal Rego agradeceu persoalmente o apoio e calor humana dos seus fregueses na homenaxe do domingo. 

14 de setembro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.