publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Uns 100 pilotos disputarán o VIII Rallye Comarca da Ulloa este venres e sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaMelideMonterrosoPalas de Rei
A-
A+
Presentación do Rallye da Comarca da Ulloa

Presentación do Rallye da Comarca da Ulloa

O VIII Rallye Comarca da Ulloa disputarase estevenres e sábado. O total de 100 participantes inscritos recorrerán durante estedous días os máis de 100 quilómetros cronometrados a través dos concellos de Monterroso, Palas de Rei e Melide. O deputado de Deportes, José Manuel Yanes,participou hoxe na presentación desta competición celebrada na praza de SanMarcos, na que tamén estiveron presentes o subdelegado do Goberno, RamónCarballo; o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada; o presidente da Escuderíada Ulloa, Luís Vilariño, e o presidente da Federación Galega de Automobilismo,Iván Corral.

O responsable da área de Deportesda Deputación de Lugo dixo que “máis aló da súa importancia como destacadacompetición, este tipo de actividades deportivas conseguen atraer a numerosopúblico, que se suma á decena de pilotos e membros da organización, que fan dodesenvolvemento deste rallye unhaactividade que contribúe a dinamizar a vida e a economía local e a promocionaras localidades polas que discorre”.

O subdelegado do Goberno, RamónCarballo, destacou que a seguridade dos rallyes“é prioritaria”. De feito, os tres rallyesque se celebran na provincia (o presentado hoxe, o Rallye San Froilán e aSubida a Chantada), sempre están precedidos da celebración dunha xuntaextraordinaria de seguridade na que se planifican polo miúdo todos os detallesrelativos á seguridade tanto dos espectadores como dos propios pilotos.

Pola súa banda, o alcalde dePalas de Rei, Pablo Taboada, puxo a este rallyecomo exemplo de colaboración entre institucións, xa que están presentes tresconcellos pertencentes ás provincias de Lugo e A Coruña.

Programación do rallye

Luis Vilariño, presidente daEscudería da Ulloa, organizadora do rallye,agradeceu a colaboración da Deputación, así como dos concellos polos quediscorre esta proba, sen cuxa axuda non sería posible organizar a proba.Vilariño calculou que preto de 20.000 persoas acudirán a presenciar estacompetición, que é puntuable para o Campionato de Galicia de Rallyes de Alfasto. O venres pola tardeserán as verificacións técnicas, despois das cales, ás 21:00 horas,desenvolverase unha exhibición nocturna no Polígono Industrial de Monterroso.

Ao día seguinte, sábado 3 desetembro, será o groso da competición. Esta desenvolverase entre as 9:00 e ás21:00 horas, cun percorrido dividido en catro tramos (1 por Monterroso, 2 porPalas de Rei e 1 por Melide) con dobre pasada, polo que serán máis de 100quilómetros cronometrados. As reparacións e paradas técnicas dos pilotos seránna feira de Melide.

O presidente da Escudería taménquixo destacar que este ano reforzarase, máis se cabe, a seguridade no rallye, duplicando o orzamento destinadoa seguridade, así como coa presenza dun dispositivo formado por máis de 200persoas, que se unirán á da Garda Civil e a outras Forzas e Corpos deSeguridade do Estado para controlar a seguridade desta competición, consolidadadentro do campionato galego.

O Rallye Comarca da Ulloa contará coa participación de destacadospilotos, como Iván Ares –último campión galego e o único capaz de disputarlle oCampionato de España a Miguel Fuster-; Alberto Meira e Alejandro Pais, douspilotos que se xogan o campionato galego, ou Adrián Día, que compite por vezprimeira cun Porsche.

Pola súa banda, Iván Corral,presidente da Federación Galega de Automobilismo, destacou unha proba que émostra do amplo seguemento deste deporte en Galicia e, en especial, naprovincia de Lugo, posto que tomarán parte máis de 100 pilotos. Tamén destacoua asistencia a esta proba de xentes procedentes non só de diferentesComunidades Autónomas, senón tamén de Portugal, o que suporá un gran revulsivoeconómico para a comarca.

28 de setembro de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.