publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha delegación do GAC do Delta do Danubio visitará a Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaCamariñasMalpica de Bergantiños
A-
A+

Os próximos días 23 e 24 de setembro o GAC Costa da Morte recibe unha delegación de directivos do GAC do Delta do Danubio (Romanía) GRUP LOCAL PENTRU PESCĂRIE DURABILĂ DELTA DUNĂRII. A directiva  do  grupo,  quere coñecer proxectos financiados polo GAC, mostrando gran interese naqueles relacionados co turismo, a transformación de produtos do mar e pequenos pobos mariñeiros.

O día 23 de setembro visitarase Malpica e Caión.

En Malpica, tras a recepción dos representantes da Confraría e do Concello na sede da Confraría, visitarán o proxecto “Varadero porto de Malpica”, proxecto de reparación e mantemento de barcos e o proxecto “Mellora a calidade do Percebe” da confraría.

Pola tarde, en Caión, acudirán ao Museo do Arquivo Histórico da Confraría, onde serán recibidos por representantes da Confraría e Concello. Terá lugar a presentación do proxecto de promoción turística de Caión, a pesca e o mar baseado nas novas tecnoloxías, “Mar de Caión”. Para finalizar percorrerán a Senda peonil, recoñecida co distintivo azul da Unión Europea.

O día 24 de setembro en Camariñas visitarán os seguintes proxectos financiados polo GAC:

Pola mañá, “Revalorización integral dos moluscos de Camariñas” e “Melloras tecnolóxicas na Industria Conserveira”, ambos da empresa Industrías Cerdeimar, e “Camariñas O Mar Todo”, no  Faro Cabo Vilán, onde serán recibidos por representantes do Concello. Aquí terá lugar a presentación deste proxecto de promoción Turística.

Pola tarde, “Desenvolvemento da zona Costeira da praia do Ariño”. Aquí as mariscadoras,  darán a coñecer mediante unha visita guiada o seu traballo, a zona de interpretación da cultura do marisqueo e a área recreativa. En Camelle  “Museo de MAN”. Poderán ver o recente traballo de recuperación do legado artístico de Manfred Gnadinger.

22 de setembro de 2015 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.