publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un xoven e un octoxenario resultan feridos grave en senllos accidentes en Guntín e A Pastoriza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PastorizaGuntínSucesos
A-
A+
Europa Press

Dous homes duns 25 e 85 anos resultaron feridos de gravidade en senllos accidentes de tráfico rexistrados este xoves nas localidades lucenses de Guntín e A Pastoriza. Segundo informou o 112 Galicia, en Guntín o sinistro sucedeu cando un camión cisterna, que transportaba leite, e un trailer, que ía baleiro, chocaron este xoves cando circulaban pola estrada N-540 á altura do cruzamento da Veiga.

Os alertantes que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda sobre as 12,00 horas indicaron que non había persoas atrapadas, pero un dos condutores resultou ferido de consideración.

Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada que evacuou ao home J.R.L., duns 25 anos, ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), segundo sinalaron fontes sanitarias.

Sobre a mesma hora chocaron dous turismos que circulaban pola N-640, á altura da parroquia de Álvare, na Pastoriza, segundo o relato dun particular que alertou do sinistro ao 112 Galicia. Neste caso, o 061 mobilizou unha ambulancia asistencial e un médico de Atención Primaria que levaron ao HULA ao home S.T.P., de 85 anos de idade.

3 de setembro de 2015 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.