publicidade hoxe

Un total de 22 establecementos hosteleiros participarán na III Ruta Pincho Folk en Salceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+
Presentación da Ruta Pincho Folk

Presentación da Ruta Pincho Folk

Tralo enorme éxito acadado osanosanteriores, O Alcalde, Marcos Besada, xunto coas Concelleiras de Comercio e Cultura do Concello de Salceda, Loli Castiñeira e Tere Pérez, acompañadas dunha representación dos hosteleiros da vila, veñen de presentar a III Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 11 de setembroao 3 de outubro (ambos incluídos). Un total de 22establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locaisserviranse pinchos aoprezo de 1,5 € en horario de 20:00 a 23:59.

A ruta de pinchos contacoengadido do folk, quedando aberta a participación a todos aquelesgaiteiros, pandeireteirasou músicos en xeral que desexen asistir e pasar unas boas noites de foliada acompañados coa mellor gastronomía.

Os locais lucen xa un distintivo nassúas fachadas, que os sinala como establecementos participantes no Pincho Folk, diferenciando así mesmo entre a ruta dos venres e a ruta dos sábados.

Nos establecementosrepartiranseunhastarxetas que irán selando os hosteleiros para que os clientes participen no sorteo final, consistentes nunhanoite de hotel para dúas persoas con cea, percorrido e visita áadega Regina Viarium, un vale para dúas persoas no Talaso Atlántico máisunha comida con viño HGA, un lote de productos composto por viñomáis paleta ibérica, así como 12 magnums de viño para os primeiros en completar a ruta.

Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio e Turismo, presentou o evento como una importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementoshosteleiros. “Pensamos en seguir organizando este tipo de eventos que apoienao comercio local, neste caso á hostelería. O Concello plantexou a iniciativa e estamos moisatisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtidadende o primeiro momento”.

Tere Pérez, Concelleira de Cultura, aproveitou para convidar aos diferentes grupos de música tradicional a participar no evento. “As diferentes iniciativas que levamos a cabo para as agrupacións de gaiteiros e pandeireteirasteñensempre grande acollida, como no caso da Agrupación Gaiteira de Salceda ou do Serán dos Callos. Estamos seguras de que neste caso imos seguir na mesmaliña, polo que aproveitamos para convidar a todos aqueles afeccionados á música tradicional para que veñen botar unhaspezas e desfrutar dos exquisitos pinchos que preparan os hosteleiros”.

7 de setembro de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.