publicidade hoxe

Un peón da brigada de Cualedro resulta ferido cando traballaba na extinción do incendio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCualedroSucesos
A-
A+
Europa Press

Un peón da brigada de Cualedro (Ourense) resultou ferido nun ombreiro mentres traballaba na extinción do que por agora é o maior incendio deste verán en Galicia, tras arrasar unhas 3.000 hectáreas desde o pasado domingo. Segundo informa a Consellería de Medio Rural e do Mar a través da súa conta en Twitter, as feridas do traballador, no ombreiro, non revisten gravidade.

Pasadas as 11,00 horas deste martes, o departamento autonómico deu por controladas as chamas deste lume, que calcinou superficie de varios municipios limítrofes de Cualedro.

1 de setembro de 2015 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.