publicidade hoxe

Un incendio calcina 18 hectáreas en Baleira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaleiraSucesos
A-
A+
Europa Press

Un incendio forestal calcinou unhas 18 hectáreas no municipio de Baleira, na montaña de Lugo, na comarca da Fonsagrada, segundo informaron a fontes da Consellería de Medio Rural. Desde o inicio das chamas, ás 20,14 horas deste mércores, no lugar traballaron un técnico, seis axentes, 15 brigadas, 13 motobombas, unha pa e un helicóptero.

A Xunta dá o lume por estabilizado desde as 5,25 horas deste xoves -etapa previa ao seu control- e os medios seguen despregados na zona, próxima a Santiago de Martín, a parroquia en que comezou o incendio.

10 de setembro de 2015 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.