publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un condutor falece tras sairse da vía co seu vehículo en Carballedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home faleceu na mañá deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado ao sairse da vía o vehículo que conducía ao seu paso polo municipio de Carballedo (Lugo). O sinistro tivo lugar sobre as 7,15 horas ao sairse da vía un vehículo no lugar da Tolda, na estrada que une Cea con Barrela, segundo os datos facilitados polo 112.

O particular que chamou o 112 Galicia para pedir axuda indicou que o home estaba liberado e accesible, polo que non foi necesario avisar os bombeiros. Foron mobilizados, non obstante, os servizos sanitarios de urxencia que, cando chegaron ao lugar do accidente, confirmaron o falecemento do condutor. No operativo despregado por este accidente tamén colaborou unha patrulla da Guardia Civil de Tráfico, segundo precisou o CAE 112 Galicia.

9 de setembro de 2015 | 10:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.