publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un cento de veciños ateigan a Casa da Cultura de Lousame para asistir ao espectáculo dos Bolechas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Espectáculo dos Bolechas

Espectáculo dos Bolechas

Máis dun cento de veciños e veciñas, sobre todo nenos e nenas, ateigaron este domingo o auditorio da Casa da Cultura “Santeiros de Chave” de Lousame para asistiren ao espectáculo “Os Bolechas na máquina do tempo”. Unha actividade gratuíta do programa FalaRedes, no que participa o Concello de Lousame. 

Durante a hora que durou a actuación, os nenos e nenas de Lousame interactuaron en todo momento cos monicreques das creacións de Pepe Carreiro e cos actores reais do espectáculo. E é que, ademais do compoñente lúdico da actuación, “Os Bolechas na máquina do tempo” tamén permitiu achegar nocións de historia aos nenos e nenas de Lousame a través dun concurso por equipos nos que cada proba superada lles permitía aos Bolechas obter unha peza que lles permitiría volver ao presente tras unha emocionante viaxe polo tempo.

28 de setembro de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.