publicidade hoxe

Un centenar de senderistas percorreron a ruta de Ponte a Ponte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Participantes na ruta

Participantes na ruta

Preto dun centenar de afeccionados ao sendeirismo da comarca de Santiago e do resto de Galicia percorreron hoxe sábado, 5 de setembro a ruta de ‘Ponte a ponte’, organizada polo Concello de Touro dentro o programa Goza do Ulla. Ás 09.30 horas déronse cita ante a sede do Concello de Touro nunha mañá asollada. Foron trasladados en buses ata Ponte Remesquide, onde comezou a ruta dunha lonxitude de 8,5 quilómetros e que discorre a beiras do río Ulla. Esta senda lineal de valor naturalista percorre a beira dereita do río Ulla nun tramo da Rede Natura.

O percorrido na asollada mañá de hoxe finalizou en Ponte Ledesma, no Concello de Boqueixón, ao redor das 12.30 horas. Durante o percorrido os senderistas gozaron do encanto do río Ulla ao seu paso polas áreas recreativas de Ponte Remesquide, O Souto e Ponte Ledesma. Algúns afeccionados que participaron na ruta visitaron logo a feira do día 5 que cada mes se celebra nas rúas de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Alí probaron o polbo que ofrecen as pulpeiras, e comeron nos locais de hostalaría do Concello de Touro.

5 de setembro de 2015 | 20:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.