publicidade hoxe

Tratermat 2015 reforza a aposta pola innovación achegando os avances tecnolóxicos de sectores estratéxicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Porriño
A-
A+
Francisco Conde na inauguración de Tratermat 2015

Francisco Conde na inauguración de Tratermat 2015

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no acto inaugural do XIV Congreso Nacional de Tratamentos Térmicos e de Superficie – TRATERMAT 2015, onde salientou que a celebración en Galicia deste evento reforza a aposta da Comunidade pola innovación achegando “os avances que se están a producir en sectores estratéxicos da nosa economía como a automoción, o naval ou o biomédico”.

O conselleiro salientou a implicación de Aimen para lograr que Galicia acolla por primeira vez un Congreso que permitirá, durante os próximos tres días, que “investigadores, tecnólogos e empresas compartan coñecemento e busquen vías para transmitilo ao mercado”. “Este é, precisamente, un dos eixos prioritarios da política innovadora que estamos impulsando en Galicia: xerar sinerxías entre o traballo que desenvolven os centros de coñecemento e o noso tecido empresarial”, afondou Conde.

Neste contexto, o titular de Economía e Industria lembrou que a Xunta está a impulsar programas como o Innterconecta ou o Conecta Pemes; ten activado as Unidades Mixtas de Innovación, nas que participan organismos de investigación galegos, como Aimen, e compañías líderes dos seus sectores como PSA Citroën, Roche Farma, Navantia ou Coren; ou está a apostar polos denominados contratos-programa como fórmula que permite aos centros tecnolóxicos galegos obter financiamento estable centrado nos recursos humanos.

“A esta aposta pola cooperación público-privada súmase tamén o compromiso de colaboración entre os propios centros tecnolóxicos”, salientou o conselleiro, quen lembrou a alianza dos 6 centros galegos de referencia –Aimen, Anfaco, CTAG, Gradiant, Energylab e ITG- en ATIGA, o que lles permite ofrecer soporte científico aos sectores estratéxicos e transferir coñecemento ao tecido empresarial.

Deste modo, explicou Conde, os centros tecnolóxicos se converten nun piar fundamental do modelo industrial no que está a traballar a Comunidade a través da Axenda da Competitividade Galicia – Industria 4.0. “Este novo modelo industrial é precisamente un dos grandes retos que Galicia se ten marcado na Estratexia de Especialización Intelixente – RIS3”, apuntou o conselleiro, quen lembrou que neste eido a RIS3 leva mobilizados xa 115 millóns de euros desde a súa posta en marcha en 2014.

30 de setembro de 2015 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.