publicidade hoxe

Talleres de estimulación cognitiva no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Dende O Concello do Carballiño e a través da Área de Benestar Social, Igualdade e Sanidade ponse en marcha para este novo curso 2015-2016, e como continuidade do anterior, os Talleres de Estimulación Cognitiva.

A concelleira, Marina Ortega explica que este programa esta dirixido as persoas da TERCEIRA IDADE pertencentes ó municipio de O Carballiño. Se está a valorar ademáis a implantación dos talleres nos arredores do Carballiño, coma en Mesego, Seoane, Mudelos e Partovia, ademáis de facerse extenso a todos aqueles pobos do concello do Carballiño que así o demanden.

A finalidade segundo a concelleira, é a de incentivar e mellorar as súas habilidades e capacidades cognitivas, dotándoas de estratexias necesarias para paliar os déficits cognitivos no funcionamento da súa vida diaria.

Aqueles/as interesados/as que queiran participar e continuar, como en anos anteriores, poderán inscribirse a partir do día 23 de setembro na oficina de servizos sociais, sito R/ Faustino Santalices, nº 10 Baixo. Para máis información chamar ao número de teléfono: 988531076.

22 de setembro de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.