publicidade hoxe

Sober promociona a vendima con dous concursos de fotografía a través do seu facebook

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober pretende promocionar a vendima de viño de Amandi e premiar a todos e todas aqueles que decidan darlle difusión á localidade a través da convocatoria de dous concursos de fotografía na súa páxina oficial de Facebook: www.facebook.com/concello.desober.

O primeiro dos concursos baséase na modalidade de selfies. Haberá que enviar unha imaxe na que apareza a persoa que a fai e que teña como contido central a vendima en Sober. A segunda das modalidades estará baseada en fotografías sobre a vendima na localidade nas que non ten que aparecer a persoa que as fai.

En ambos os casos, todos e todas aqueles que desexen participar teñen que subir a súa fotografía e facer unha mención directa ou etiquetar ao Facebook do Concello de Sober na rede social. As imaxes serán compartidas e poderán ser votadas polos seguidores. Os participantes deben ser seguidores do Facebook do Concello. Gañarán aquelas fotos que alcance máis Me gusta.

O Concello de Sober concederá tres premios para cada unha das modalidades: unha cea no restaurante Merenzao para dúas persoas, en Cadeiras, un lote de seis botellas de viño de Amandi e unha peza de olería de Gundivós. 

O rexedor, Luis Fernández Guitián, anima a todos e todas os veciños e visitantes a formar parte deste concurso que axudará a “seguir dando a coñecer o noso Concello a través das redes sociais, ao tempo que servirá como un recoñecemento ao traballo de todos e todas aqueles que participan na vendima”. 

O prazo para enviar as fotografías será desde hoxe, no que algunhas adegas xa comezaron a vendima e ata o seu remate. Unha vez finalice, as imaxes gañadoras serán as que teñan máis Me gusta, de maneira que serán os propios seguidores do Facebook oficial do Concello de Sober os que decidan cales levan os premios. 

O Goberno local repite esta experiencia despois do éxito do concurso de selfies convocado na Feira do Viño de Amandi deste ano, para o que se recibiron numerosas inscricións.

1 de setembro de 2015 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.