publicidade hoxe

Sober celebra do 4 ao 6 de setembro as Festas de Santa Cruz de Brosmos e Villaoscura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober colabora coa celebración das festas de Villaoscura e Santa Cruz de Brosmos que teñen lugar os días 4, 5 e 6 de setembro. As festas na honra a Santa María de Villaoscura comezan o día 4 cunha sesión golfa a cargo de Ruli:to. O día 5 haberá misa solemne ás 13:00 horas e sesión vermú coa Orquestra Anduriña. A mesma Orquestra será a encargada da festa verbena da noite.

O día 6, domingo, haberá un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Teixeiras. A misa solemne será ás 13:00 horas e a sesión vermú  e a festa verbena correrán a cargo da Orquestra Príncipes. 

Santa Cruz de Bromos

Santa Cruz de Brosmos celebra as festas na honra á Virxe do Carme. O venres día 4 ás 21:30 horas haberá unha pancetada e queimada para os veciños e veciñas no campo da festa. Tamén se celebrará o IV Concurso de postres e haberá festa verbena co Grupo Camelia. 

O sábado 5 de setembro ás 09:30 haberá unha ruta BTT Santa Cruz Bike. Ás 13.15 terá lugar a ofrenda floral na honra dos músicos de Santa Cruz. A continuación, Antonio Rodríguez Álvarez, director da Academia Galega de Seguridade, pronunciará o pregón. 

Ás 13:30 haberá procesión e misa solemne e de seguido terá lugar o concerto da Banda de Música de Sober.

Xa pola tarde, a partir das 18:30 horas, haberá xogos populares para todos os nenos e nenas e unha exhibición de tiro con arco. Ás 19:00 horas xogarase o partido de fútbol interxeracional e ás 21:00 horas comezará a festa verbena co Grupo Os Parentes e a Orquestra Asira.

O domingo día 6, ás 10:00 horas levarase a cabo a alborada co grupo de gaitas Érbedo. Ás 13:30 horas haberá procesión e misa solemne co Grupo Trícole. 

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas e aos que se atopen de visita na localidade ou na Comarca a achegarse á festa. 

3 de setembro de 2015 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.