publicidade hoxe

Sanidade comprométese a que o Centro de Saúde de Teixeiro estea atendido por un só médico permanentemente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

A delegada territorial da Xunta e o director de Procesos de Atención Primaria confirmaron esta mañá ao Concello de Curtis que o Centro de Saúde de Teixeiro disporá dun médico de xeito ininterrompido na segunda quincena deste mes se para entón a titular aínda segue de baixa.

Os responsables autonómicos responderon así á reclamación exposta onte polo alcalde Javier Caínzos para que normalizasen o servizo e evitar que cada vez que os pacientes se achegasen ao Centro de Saúde se atopasen cun profesional distinto, que é o que estaba a suceder nos últimos meses ao estar a médico titular de baixa. O rexedor trasmitulles as numerosas queixas dos veciños a este respecto. 

Sanidade explicou que os cambios de facultativos sufridos até agora viñeron derivados das dificultades de axustar os calendarios ao ser meses de vacacións de verán.

2 de setembro de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.