publicidade hoxe

Samil acollerá unha nova edición da Holi Run o 11 de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+
Presentación da Holi Run

Presentación da Holi Run

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, amosou hoxe a súa máxima colaboración e a do Concello á Holi Run, unha curiosa proba que se pode facer andando ou correndo e que se disputará o 11 de outubro ás 11,00 horas nas inmediacións da praia de Samil.

Javier Ponte, coordinador do evento no que os participantes acaban pintados de mil cores, estimou a participación deste ano nuns 7.000 corredores fronte aos case 5.000 da primeira edición. Espéranos 8.000 quilos de pó de cores. A Holi Run é un evento pensado para familias, para grupos de amigos e tamén para ir con mascotas, pois pódese realizar andando ou correndo. O Concello colabora de xeito loxístico.

29 de setembro de 2015 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.