publicidade hoxe

Román Rodríguez e o alcalde de Baiona analizan as necesidades do concello en materia de cultura e educación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+
O conselleiro de Cultura en Baiona

O conselleiro de Cultura en Baiona

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, co fin de analizar as necesidades deste concello pontevedrés nas materias que atinxen ao seu departamento. Na xuntanza participou tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Durante o encontro, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia comprometeuse a analizar polo miúdo a documentación presentada polo alcalde co obxectivo de avaliar a pertinencia e necesidade de acometer melloras puntuais nos centros. En calquera caso, Román Rodríguez recordou que a Consellería ten investido nos últimos anos máis de 540.000 euros en melloras nos centros educativos da localidade.

Entre as últimas melloras, cómpre salientar a reforma da cuberta levada a cabo no CPI Covaterreña, cun investimento de 20.778 euros, e o cambio de cuberta no CEIP de Belesar por un importe duns 140.000 euros; ambas actuacións realizadas en 2015.

Precisamente, o conselleiro e o rexedor visitaron este centro logo da xuntanza de traballo celebrada na Casa Consistorial. Así mesmo, realizaron tamén un percorrido pola Casa Museo da Navegación e a Biblioteca municipal.

11 de setembro de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.