publicidade hoxe

Retíranse cinco niños de avespa asiática no concello da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Un dos niños retirados

Un dos niños retirados

Un equipo de especialistas do grupo Tragsa retirou hoxe cinco niños de avespa asiática (vespa velutina) no termo municipal da Laracha, concretamente dous na parroquia de Montemaior (lugares de A Ferreira e Balvís), dous en Lendo (O Canle e Samiráns) e un en Coiro (Coirón).

A presenza dos niños desta especie invasora fora detectada polos servizos de emerxencia municipais e tamén por veciños da zona que deran ao Concello da Laracha o aviso. En catro dos casos os niños estaban situados no alto de árbores próximos a vivendas e outro foi atopado nun galpón. 

Seguindo co protocolo habitual neste tipo de casos, o Concello da Laracha deu traslado desta información á Xunta de Galicia e Tragsa procedeu hoxe á súa retirada. As persoas que detecten niños de avespa asiática poden comunicalo ao Concello da Laracha ou directamente chamando aos teléfonos 012 e 112.

A avespa asiática é facilmente recoñecible polo maior tamaño que presenta con respecto á europea. A súa picadura non representa para os humanos maior perigo que a das nespras autóctonas, pero si pode provocar certos problemas na biodiversidade do entorno no que se sitúa ao tratarse dunha especie invasora que ataca especialmente aos enxames de abellas, coa problemática que iso supón para a apicultura.

11 de setembro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.