publicidade hoxe

Preséntase o proxecto SANePLAN para os concellos de Cambados, Ribadumia, Baiona e Vilanova de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaCambadosPontevedraRibadumiaVilanova de Arousa
A-
A+

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou hoxe o proxecto SANePLAN, que desenvolve a institución provincial xunto co Instituto Tecnolóxico de Galicia, dentro do programa europeo LIFE+. Carmela Silva destacou que a súa finalidade é desenvolver un sistema de información que permita integrar as redes de saneamento e tratamento das augas residuais na planificación urbana das cidades.

“O que poñemos en marcha neste momento”, subliñou a presidenta, “é a primeira parte do proxecto que leva a cabo a Deputación, que trata de recompilar os datos da rede e das infraestruturas de saneamento e depuración nos cinco concellos adheridos a este plan”. O traballo de campo realizarao, por un importe de 102.850 euros, a empresa Lagares Oca S. L., que foi a gañadora do concurso convocado para o efecto.

No proxecto de recollida de datos van participar os concellos de Baiona, Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa; tamén o concello de Chiesina Uzanesse, da rexión italiana da Toscana.

Por último, Carmela Silva destacou que a participación económica total da Deputación no proxecto é de 248.642 euros, cunha achega do 50 % de fondos da Unión Europea.

10 de setembro de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.