publicidade hoxe

Portos de Galicia mellorará en Boiro os viais do porto de Cabo de Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+
Visita do presidente de Portos de Galicia a Boiro

Visita do presidente de Portos de Galicia a Boiro

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou esta mañá Escarabote para comprobar o estado de execución das obras de mellora dos viais que se levan a cabo neste peirao do municipio coruñés de Boiro. O presidente do ente público manifestou que “estas obras de conservación, pavimentación e asfaltado dos viais do porto de Escarabote melloran considerablemente os accesos ás instalacións portuarias facilitando o tráfico rodado neste porto”. Esta actuación conta cun investimento de 30.257 euros.

Neste mesmo acto o presidente do ente público anunciou o investimento previsto para a mellora dos viais do veciño porto de Cabo de Cruz, peirao mexilloeiro de referencia e que conta cun importante tráfico de vehículos pesados nas súas instalacións. O investimento previsto para esta actuación e de 19.360 euros, o que suporá unha achega total, entre as dúas actuacións, duns 50.000 euros que serán financiadas con fondos FEDER.

Para reforzar os viais destas instalacións, Portos de Galicia fixo en primeiro lugar unha limpeza xeral de toda a superficie a pavimentar e dos bordes dos viais. A continuación, realizarase un fresado de pavimento existente e axustaranse tamén as caídas para evitar que as augas vaian cara os edificios. Noutras zonas onde o firme está moi danado é necesario fresalo e darlle unha nova capa de rodadura, para rematar os traballos. Tamén se inclúe a reparación dos baches e o pintado de liñas en cor branca.

Con estas actuacións tratase de mellorar, dentro dos programas de mantemento e conservación das instalacións portuarias, tanto os viais e accesos aos portos como, nalgún caso, as zonas de traballo que pola súa intensidade de utilización sofren con frecuencia desgastes nos pavimentos. Ademais, dáse resposta ás necesidades dos usuarios que desenvolven a súa actividade nestes portos do concello de Boiro.

2 de setembro de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.