publicidade hoxe

Ponte Caldelas conta con tres novas marquesiñas en apoio ao transporte escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Instalación de marquesiñas

Instalación de marquesiñas

Operarios do Concello de Ponte Caldelas procederon a instalar nestes días tres novas marquesiñas en apoio ao transporte escolar nos lugares de Forzáns, Parada e Cuñas coa intención de dar resposta ás perticións veciñais feitas neste sentido ao alcalde Andrés Díaz. Estas marquesiñas, nalgún caso que sexa coincidente coas liñas habituais de transporte público tamén poderán ser aproveitadas para ese uso por calquera veciño ou usuario.

As marquesiñas foron colocadas nos lugares onde habitualmente o transporte escolar recolle aos nenos e nenas que acuden aos centros educativos de Ponte Caldelas e que, ante a proximidade da temporada de choivas do outono e o inverno precisan dun lugar para resguardarse á espera da chegada do autobús.

Os lugares escollidos foron suxeridos polos propios veciños que se dirixiron ao alcalde, Andrés Díaz, solicitando a colaboración do Concello para solucionar un problema que, ano tras ano, coa chegada das chuvias se viña producindo.

Os traballos foron acometidos con recursos propios do Concello que empregaron aos operarios municipais para realizar os labores de excavación, preparación de plataforma para colocación nivelada das marquesiñas e posterior remate da actuación.

O alcalde Andrés Díaz manifestou o desexo do equipo de goberno de contribuir, na medida do posible, a dar resposta a tódalas peticións veciñais de competencia municipal que se vaian plantexando ao tempo que se terá unha sensibilidade especial a todo o que teña que ver coa atención a medidas que garantan e melloren a asistencia de escolares aos seus respectivos centros educativos.

21 de setembro de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.