publicidade hoxe

Pase do filme “Con pés de cemento”: A crise da burbulla inmobiliaria analizada dende o Val Miñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Entre os anos 2007 e 2014 os documentalistas Juan Forti e mais Manuel Pedrosa fixeron un percorrido polo Val Miñor e contorna procurando respostas, pistas que axudaran a entender o fenómeno da “burbulla inmobiliaria” no país. Co eco das protestas que impediron a aprobación do PXOM especulativo de Nigrán de 2007; as resistencias aos intentos de abrir campos de golf e urbanizacións na Serra da Groba e as promesas de milleiros de empregos para levantar Porto do Molle; vai desenvolvéndose o relato do filme documental Con pés de cemento. Obra que teremos o pracer de presentar da man dos seus autores o vindeiro xoves 24 de setembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

Sinopse dos autores

“Con peś de cemento recolle as voces que se opoñen a un sistema político económico e ideolóxico que fai prevalecer o lucro das grandes empresas sobre as necesidades máis básicas das persoas; prestando especial atención á dependencia da economía española coa produción de cemento.

O documentario arranca con entrevistas aos protagonistas dos movementos veciñais que se opuxeron a aprobacións de plans xerais corruptos, na etapa final da burbulla inmobiliaria. Seguindo este fío explora as causas e as consecuencias do despoboamento do rural, o sobredimensionamento dos infraestruturas e a necesidade dunha mudanza do noso xeito de organizar e xestionar o común”.

23 de setembro de 2015 | 10:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.