publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os veciños de Ordes, Curtis e Carballo xa poden adquirir a tarxeta para os descontos do Plan de transporte metropolitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoCurtisOrdes
A-
A+

Os veciños de Ordes, Curtis e Carballo xa poden adquirir a partir de hoxe a tarxeta do plan do transporte metropolitano, que dá acceso aos importantes descontos deste servizo a partir do luns, cando entre en funcionamento o servizo para estes concellos que se integran na área da Coruña. En total, serán oito, os novos concellos nos que comezará a operar o plan de transporte metropolitano o 14 de setembro. Ademais, dos tres da Coruña, intégranse A Baña, Vila de Cruces, Padrón, Ordes, e A Estrada na área de Santiago e Baleira na de Lugo.

As tarxetas de transporte metropolitano xa están dispoñibles desde hoxe nas oficinas de Abanca destes municipios que se integrarán en áreas nas que este servizo leva operando dende a implantación deste plan.

Con este novo paso ultímase o dispositivo para a posta en marcha do programa de transporte público impulsado pola Xunta de Galicia. Os dispositivos de pago, cun prezo bonificado de 2 euros, poderán adquirirse sen necesidade de ter unha conta asociada, só presentado o DNI, e funcionan como tarxetas moedeiro que deberán recargarse nas oficinas ou nos caixeiros.

O portal web do Transporte Metropolitano de Galicia, http://tmg.cmati.xunta.es/, ofrece unha detallada explicación do seu funcionamento e das súas vantaxes, incluíndo os cambios que supón en canto ao abaratamento das viaxes e a bonificación dos transbordos.

Descontos

O emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano ofrecerá aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas. Así mesmo, os usuarios recorrentes, é dicir, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familias numerosas obterán descontos de entre o 20% (categoría normal) e o 50% (familia numerosa especial). Estas bonificacións adicionais serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará unha recarga dous meses despois na tarxeta con tan só introducila no caixeiro automático.

Coas novas incorporacións o transporte metropolitano de Galicia chegará a preto dun millón e medio de persoas. Trátase dun plan que rexistra un millón de desprazamentos cada mes nas cinco áreas nas que está operativo, unha cifra que supera un 35% superior que a do ano 2011.

8 de setembro de 2015 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.