publicidade hoxe

Os veciños de Baleira xa poden adquirir a tarxeta para obter os descontos do plan de transporte metropolitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaleira
A-
A+

A tarxeta metropolitana está desde hoxe a disposición dos veciños do Concello lucense de Baleira, un dos novos municipios que xa se benefician dos descontos do Plan de Transporte Metropolitano. Este dispositivo pódese adquirir nas oficinas de Abanca deste municipio que se integrara en áreas nas que este servizo leva operando dende a implantación deste plan.

Con este novo paso ultímase o dispositivo para a posta en marcha do programa de transporte público impulsado pola Xunta de Galicia. As tarxetas, cun prezo bonificado de 2 euros, poderán adquirirse sen necesidade de ter unha conta asociada, só presentado o DNI, e funcionan como tarxetas moedeiro que deberán recargarse nas oficinas ou nos caixeiros.

O portal web do Transporte Metropolitano de Galicia, http://tmg.cmati.xunta.es/, ofrece unha detallada explicación do seu funcionamento e das súas vantaxes, incluíndo os cambios que supón en canto ao abaratamento das viaxes e a bonificación dos transbordos.

Aforros

O emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano ofrecerá aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas. Así mesmo, os usuarios recorrentes, é dicir, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familias numerosas obterán descontos de entre o 20% (categoría normal) e o 50% (familia numerosa especial). Estas bonificacións adicionais serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará unha recarga dous meses despois na tarxeta con tan só introducila no caixeiro automático. 

Con estas incorporacións, o transporte metropolitano de Galicia chegará a preto dun millón e medio de persoas. Este plan está a obter un éxito contrastado ao rexistrar un millón de desprazamentos cada mes nas cinco áreas nas que está operativo, unha cifra que supera un 35% superior que a do ano 2011. A continuación, indícanse as oficinas de Abanca nas que se pode adquirir as tarxetas.

8 de setembro de 2015 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.