publicidade hoxe

Os veciños da Baña, A Estrada, Ordes, Padrón e Vila de Cruces xa poden adquirir a tarxeta para os descontos do Plan de transporte metropolitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaA EstradaOrdesPadrónVila de Cruces
A-
A+

Os veciños da Baña, A Estrada, Ordes, Padrón e Vila de Cruces xa poden adquirir a tarxeta para obter os descontos do Plan de Transporte Metropolitano, que comezará a operar o vindeiro luns. As tarxetas de transporte metropolitano xa están dispoñibles nas oficinas de Abanca destes municipios. Os dispositivos de pago, cun prezo bonificado de 2 euros, poderán adquirirse sen necesidade de ter unha conta asociada, só presentado o DNI, e funcionan como tarxetas moedeiro que deberán recargarse nas oficinas ou nos caixeiros.

O portal web do Transporte Metropolitano de Galicia, http://tmg.cmati.xunta.es/, ofrece unha detallada explicación do seu funcionamento e das súas vantaxes, incluíndo os cambios que supón en canto ao abaratamento das viaxes e a bonificación dos transbordos.

Aforros

O emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano ofrecerá aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas. Así mesmo, os usuarios recorrentes, é dicir, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familias numerosas obterán descontos de entre o 20% (categoría normal) e o 50% (familia numerosa especial). Estas bonificacións adicionais serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará unha recarga dous meses despois na tarxeta con tan só introducila no caixeiro automático.
Coas novas incorporacións o transporte metropolitano de Galicia chegará a preto dun millón e medio de persoas. Trátase dun plan que rexistra un millón de desprazamentos cada mes nas cinco áreas nas que está operativo, unha cifra que supera un 35% superior que a do ano 2011.

8 de setembro de 2015 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.