publicidade hoxe

Os rexedores de Ames e Teo reúnense para valorar temas de interese conxunto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesTeo
A-
A+
Reunión dos alcaldes

Reunión dos alcaldes

Os alcaldes de Ames e Teo, José Miñones e Rafael Sisto, mantiveron esta mañá unha xuntanza institucional no Concello de Teo. Tratábase da primeira reunión logo do cambio nas alcaldías o pasado mes de xuño e serviu para pór en común temas de interese conxunto e acordar manter unha liña de comunicación fluída.

Entre outros asuntos falouse de mellorar na coordinación entre os dous equipos de goberno xa que en moitas ocasións a realidade dos dous concellos fará posible a colaboración entre servizos. Precisamente durante o encontro asinouse un convenio polo que persoal da policía local de Ames colaborará coa policía local de Teo esta fin de semana, con motivo da celebración da proba do campionato do mundo de Trial.

Os rexedores tamén falaron doutros asuntos en común como o transporte, a mancomunidade ou a xestión do servizo de abastecemento e saneamento da agua. 

11 de setembro de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.