publicidade hoxe

Os novos farois do paseo marítimo de Malpica reforzan as medidas de aforro enerxético

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+
Novas luminarias

Novas luminarias

O paseo marítimo de Malpica loce un novo alumeado moito máis moderno, eficiente e respectuoso co medio ambiente. O Concello, dentro da súa política de posta en marcha de medidas de aforro enerxético, vén de acometer a substitución das antigas luminarias de vapor de sodio por haloxenuros metálicos con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental 2015. A actuación, executada pola empresa Grupo Mariño Obras e Servizos por un importe de 72.600 euros, incluíu tanto a substitución das lámpadas coma dos farois, polo que o cambio percíbesetamén de día, aínda que é especialmente significativo pola noite.

As lámpadas de haloxenuros ou ioduros metálicos caracterízanse por emitir unha cor moi próxima ao branco, pola súa elevada eficiencia luminosa, un rendemento cromático óptimo e unha duración media moi elevada. Por todas esas funcións son utilizadas, sobre todo, para a iluminación de campos de deporte, prazas e grandes espazos.

21 de setembro de 2015 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.